Martes. 23.04.2024
El tiempo

A fermosa historia da re-apertura do Quitapenas de Laxe

A fermosa historia da re-apertura do Quitapenas de Laxe
Taberna O Quitapenas de Laxe A dona Cristina e a camareira Raquel, almas da nova Taberna O Quitapenas de Laxe

Para poder coñecer a fondo a verdadeira esencia deste local tan enxebre, a Taberna O Quitapenas, precisamos remontarnos ao ano 1982 cando abre, por vez primeira, as súas portas para converterse axiña no centro neurálxico da vida social e festiva desta nosa vila mariñeira.

E tanto que o foi, social e festeira, pois, parte dos contratos de obra nova e outros acordos comercias cociñáronse precisamente aquí, no local de moda daquela época, O Quitapenas. Como algunhas famosas salas de festa pecharan, como por exemplo O Tarrulo, salón de Baile, preto da zona, esta taberna laxense recolliu moi intelixentemente ese ambiente festivo onde as mellores orquestras da zona amenizaban (en directo) as veladas máis memorables daquel tempo tocando na propia taberna. Acordeóns, gaitas e baile, si, os clientes bailaban alegres no propio local.

Na entrada, a pé de rúa, onde hoxe se atopa a terraza frontal, antigamente facíanse sardiñas e carne para disfrute dos presentes. Música, áscuas, parola, xoldra e sorrisos, moitos sorrisos, que chegan ata os nosos días grazas a iniciativa de Cristina, e compañía, que deciden re-abrilo mantendo intacto o espíritu alegre deste lexendario punto de encontro onde, como o seu propio nome indica, as penas quedan fóra.

Así, a día de hoxe estamos todos estamos convidados a desfrutar da fermosa renovación deste enclave máxico que forma parte da histiria hostaleira da Costa da Morte.

Mantense tamén o estilo clásico da súa cociña tradicional e acorde a súa historia. Churrasco e sardiñas serán previa encarga, e dentro da carta atoparemos raxo, tortilla, chipiróns, ensaladas, croquetas, bocatas, empanadillas, hamburguesas, etc, etc, e pinchos de balde, como fai 30 anos.

O local conta con dúas terrazas (a terraza da trastenda con sol polas mañás e vistas a praia) e terraza frontal, con sol pola tarde, e agora tamén cunha romántica lareira, moi fermosa, e con temón e todo, televisión (moi ampla) para ver mellor os partidos e cunha plantilla de profesionais atendéndonos, sempre cunha sorrisa, e con algo do que falar (que tamén é moi importante).

Onde tomar algo en Laxe?

E despois desta reportaxe aparecerá na nosa memoria colectiva este enlace: “Onde tomar algo algo en Laxe??”... Ao Google, nin caso, a resposta está neste recuncho agradable onde seguimos quedando para negocios e para pracer, o pracer que impregna a alma deste negocio dende xa fai 35 anos, alma festeira, positiva e alegre, a alma da troula amigable.

Para maior deleite dos clientes resaltar que a zona na que se atopa localizado conta con algunhas zonas de aparcamento próximo, que é de agradecer, especialmente os días de máis aglomeración, tendo en conta que nas festas e fins de semana e festivos, Laxe é outra vez un destino favorito para veraneantes, turistas e, tamén, ese, cada vez máis numeroso grupo de veciños da contorna que fan a fabulosa “escapada a Laxe” para desfrutar de paisaxe, mar, xente divertida, paseo e, como non, desconectar.

A rúa Villamparo coa re-apertura destes locais de referencia volta a ter esa sona que tivo anos atrás. E como novidades especiais queremos destacar o novo café Gourmet, que fai as delicias dos que adoramos saborear un produto extraordinario e ao mesmo prezo que os demais. Tamén hai a opción de café para levar. Polo tanto, moi pronto, vai ser outra vez un punto de reunión para os que somos moi cafeteiros e, como non, para todos aqueles que valoramos a fermosa iniciativa valente dos xerentes deste rexuvenecido establecimento.

Non podemos deixar de destacar esa brava xente nova, de aqui, con mundo e moitas vivencias, que decidiu retornar para facer realidade os seus soños na mesma vila onde pasaron a súa xuventude. Dende Quepasanacosta parécenos moi ilusionante, polo que só queda achegármonos pola taberna O´Quitapenas a darlles unha visita e disfrutar dese bo trato, sorriso e calidade a bo precio, e aqui, pretiño da casa. Non vo-lo perdades. Para nós xa é “parada obrigada”.

Máis información

Fonte

  • Enlace patrocinado, realizado por Óscar de Souto. Máis información en [email protected].

Comentarios