Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Praia dos Cristais, inmellorable teatro para goza do Solpor Poético

A Praia dos Cristais, inmellorable teatro para goza do Solpor Poético
Solpor Poetico de Laxe 2014

Este sábado 23 de agosto, terá lugar a oitava edición do Solpor Poético e entrega de premios do VIII Certame de Poesía Antón Zapata García na marabillosa paaxe da Praia dos Cristais de Laxe. Con este acto, ademais de homenaxear á palabra e ó autor local Antón Zapata García, Terase a oportunidade de vivir momentos únicos con gran beleza paisaxística ó ter o mar e o solpor como telóns de fondo pois as previsións de tempo acompañaránnos esta tarde.

Ademais, a cita serve para facer a entrega de premio aos gañadores ou ás gañadores/as das categorías infantil, xuvenil e adulta do VIII Certame de Poesía Antón Zapata García. A organización xa nos deu unha pista: son dous rapaces e unha muller.

Así, a partir das 20 horas, dará comezo a actuación do cantautor de música popular e lixeira, Xoán Eiriz, que si ben no ano 2013 facía un preestreo do seu décimo terceiro disco en Laxe, este ano, fará a presentación definitiva do seu disco: "Dende as cordas do meu corazón”.
Durante o concerto, no que estará acompañado por un quinteto musical, interpretará temas variados entre os que atoparemos poemas dos e das poetas máis sobranceiros galegos entre os que xa se atopa Antón Zapata García, temas populares galegos e portugueses, universais e tamén propios.

Solpor poetico en Laxe

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios