Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Abren a licitación para obras de rehabilitación para eliminar as pingueiras do centro social de Traba

Abren a licitación para obras de rehabilitación para eliminar as pingueiras do centro social de Traba

Centro Social de Traba de Laxe

Xa están en en proceso de licitación pública na Plataforma de Contratación do Estado as obras de rehabilitación do centro social de Traba, en Laxe. Unhas obras que, pretenden eliminar as graves filtracións de auga e humidades que afectan ao inmoble dende a súa construción, en 2003, e que teñen un orzamento de 57.000€.

As obras serán financiadas íntegramente pola institución provincial cos fondos do Plan Único (POS+2019), e incluirán a construción dunha nova cuberta no espazo existente entre a parte máis antiga do edificio e a máis recente, onde se ubica o ximnasio do centro social, eliminado o oco entre os dous corpos do edificio e cubrindo as fachadas que rexistran maiores filtracións e humidades. As obras permitirán tamén acondicionar este espazo, actualmente descuberto, onde medra a maleza.
O proxecto inclúe tamén a eliminación dos canalóns interiores e a formación de aleiros con canalización exterior de pluviais; o lavado a presión e posterior impermeabilización das fachadas exteriores e a substitución da actual carpintería exterior de madeira por unha nova de aluminio lacado.

Comentarios