Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Anuncian unha nova senda peonil e ciclista entre Soesto e Serantes

Inauguracion da Senda Peonil de Laxe
Anuncian unha nova senda peonil e ciclista entre Soesto e Serantes

A pesar de estar lista dende o mes de xuño, a senda peonil e ciclista que conecta a zona deportiva de Cabo da Area co paseo marítimo de Laxe. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, e o alcalde José Luís Pérez Añón comprobar o resultado final desta senda de 800 metros.

Unha senda encadrada no Plan de Sendas deseñado desde a Xunta para a comarca de Bergantiños que, inicialmente, recollía a execución de 7 itinerarios (un total de 11 km), cun investimento autonómico global próximo aos 5 millóns de euros (cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020).

Son 6 as sendas xa executadas: 3 delas na estrada AC-552, quedando pendente unha cuarta senda, entre Carballo e Coristanco, que se espera poder licitar a finais de ano. E están tamén rematadas as sendas de Ponteceso e Malpica, ademais da de Neaño-A Carballa, en Cabana.

A Conselleira ademais avanzou que xa se ten adxudicada a redacción do proxecto doutras dúas sendas nos núcleos de Soesto e Serantes, en Laxe, ao longo da antiga traza da estrada AC-433.

Novas relacionadas

Comentarios