Aparatoso accidente en cadea en Laxe
11:13 20/05/18
O Mercedes vermello investiu a tres coches que estaban aparcados
Pasaban das 23:00 da noite deste sábado cando un vehículo provocaba un aparatoso accidente en Laxe. A colisión acontecía na AC-429, pouco antes do Restaurante Zurich, cando o condutor dun vehículo (un Mercedes vermello) perdía o control (indicaba que foi por culpa dun vehículo que viña adiantando en sentido contrario a gran velocidade) e impactaba cun vehículo que estaba aparcado, provocando unha colisión en cadea que afectou a outros dous coches. En total eran 7 os coches que se viron afectados.
Afortunadamente non houbo que lamentar feridos, pero o accidente provocou que moitos veciños se achegasen ao lugar.