Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aprendendo a coidar aos nosos maiores

Aprendendo a coidar aos nosos maiores
Curso de Atencion Socio-Sanitaria en Laxe

Canta falta fan esta clase de cursos, i é que de aquí a un tempo necesitaremos unha marea de profesionais para coidar aos nosos maiores. Esta semana deu comezo en Laxe o curso de “Atención Socio-sanitaria a persoas no domicilio” organizado polo Departamento de Servizos Sociais do Concello dirixido pola Traballadora Social Dolores Antelo Coyazo e subvencionado pola Deputación da Coruña.

O numero de participantes é de 18 persoas. A formación consta de 300 horas teórico-prácticas e será impartido polo equipo multidisciplinar da empresa Senes Desenvolvemento Comunitario formado por una Traballadora Social, dúas enfermeiras e unha Pedagoga.

Entre outras accións podemos destacar as clases prácticas de mobilizacións, primeiros auxilios, saídas á rúa en cadeira de rodas, visitas a residencias e centros de día e practicas en domicilios. Ademais o alumnado posuirá o carne de Manipulación de alimentos.

Fonte

  • Información e fotos de Fátima Fernández.

Comentarios