Luns. 14.10.2024
El tiempo

Arrincan os seminarios de #LaxeMellórate

Arrincan os seminarios de #LaxeMellórate
laxe-mellorate Durante quince días desenvolveranse catro seminarios sobre temáticas diferentes Baixo o obxectivo de ofrecer iniciativas innovadoras para o sector empresarial e para os demandantes de emprego, o concello de Laxe vén de poñer en marcha os seminarios bautizados como #LaxeMellórate e que están subvencionados pola Deputación da Coruña. Así, o alcalde de Laxe - José Manuel Mouzo Castiñeira - e Modesto Luis Gómez - ponente dos seminarios - inauguraron onte a campaña que arrancou cun seminario de marca persoal que se desenvolve entre onte e hoxe. A formación continúa mércores e xoves cun seminario sobre a selección de persoal; os día 14 e 15 con outro sobre mercado e venda e rematan cun seminario de atención ao cliente que terá lugar os días 16 e 17 de novembro. Ante o éxito de participación no primeiro dos seminario, o concello de Laxe decidiu manter aberto o prazo de inscrición para o resto das actividades formativas. Os interesados en participar poden anotarse no departamento de Emprego e Promoción Económica ou nos números de teléfono 981 706 908 – 981 706 903. presentacion-laxe-mellorate O alcalde de Laxe inaugurou onte as xornadas #LaxeMellórate Durante a presentación, o alcalde de Laxe anunciou que dentro desta iniciativa de dinamización, prevese realizar durante os vindeiros meses formación tanto básica como especializada en novas tecnoloxías e carné de manipulador de alimentos dirixidos ás persoas en situación de desemprego. Novas relacionadas Fonte

Comentarios