Martes. 23.04.2024
El tiempo

Denuncian a utilización de maquinaria pesada para descargar a lagoa de Traba

Maquinaria pesada na lagoa de Traba
Maquinaria pesada na lagoa de Traba
Denuncian a utilización de maquinaria pesada para descargar a lagoa de Traba

En Louro, o Ingüeiro, esa lingua de auga mediante a cal a lagoa das Xalfas desauga no mar cando está moi chea, fórmase só nos meses de chuvias.

En Traba, nos últimos anos, é o Concello de Laxe o que, con maquinaria pesada, abre ese pequeno rego para que a lagoa descargue .

Unha acción que para a Asociación Ecoloxísta ADEGA causa “unha importante alteración morfolóxica do areal”, polo que vén de presentar unha “denuncia na Xunta ante os perxuízos que esta acción poidese comportar sobre as dunas e a lagoa costeira, hábitats prioritarios para a UE, e nun espazo recoñecido como como zona de especial conservación (ZEC Costa da Morte) e zona de especial protección de aves (ZEPA Costa da Morte Norte).”.

Rego artificial creado na lagoa de Traba

Novas relacionadas

Comentarios