Martes. 19.11.2019
El tiempo

En Laxe e Malpica, mercado e comercio local

En Laxe e Malpica, mercado e comercio local
Concelleiro e alcalde de Malpica sacando as papeletas vencedoras do sorteo Boas campañas de fidelización cos mercados municipais e cos comercios locais as que protagonizaron os concellos de Laxe e Malpica.

Quere o teu Mercado en Malpica

A Campaña “Quere o teu mercado”, promovida pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta, coa colaboración do Concello de Malpica, celebrou o pasado sábado o Día do Mercado. Alí celebrouse o sorteo dun lote de pezas tradicionais de Olería de Buño entre as persoas participantes na campaña, que serven para entrear un obsequio a cinco cliente/as habituais da praza de abastos. O de Malpica foi un dos numerosos mercados galegos que participaron nunha campaña de ámbito internacional coa que se pretende apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas, fomentando así a compra do produto local e a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

Día do Comercio en Laxe

O Mago Deimi polos comercios de Laxe O Mago Deimi polos comercios de Laxe Laxe celebrou o II Día do Comercio nunha campaña organizada pola concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe en colaboración coa dirección xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia e o empresariado local. Durante toda a semana recolléronse tíckets ao ir facendo compras nos comercios locais, para optar a unha cea na Áncora Taberna (o sorteo será este martes, 29 de maio, ás 11:00 horas nas oficinas xerais da Casa do Concello. Unha das actividades que máis gustaron foi a presencia do Mago Deimi realizando un espectáculo de maxia de preto polo locais colaboradores. Os comercios que participan na campaña son: Floristaría Rebeca, libraría Torre Penedo, Perruquería Azabache, A Tenda de Inma, Calzados Martínez, Ortopedia Alquimia, Chuchelandia, Farmacia Mª C. Gómez, Bazar Laxe Hong Fa, Estación de Servicio Santa Rosa, Ferretería Sergio, Parafarmacia Alquimia, A Tenda do Centro, Estanco Casa López, e Perruquería A de Lore.

A Mellor Tortilla doce do Peñón

Ganhadores concurso tortilla penhon Laxe 2018 Ademais, Laxe tamén entregou os premios ás gañadoras do II concurso de cociña: a mellor tortilla doce do Peñón 2018. De esquerda a dereita vemos á Reprensentante de Ubaldina Suárez Devesa: 1ª premiada do II concurso de cociña: a mellor tortilla doce do Peñón 2018; Juan Bautista Mato, membro do xurado; Mamme MBissine Lo, 3ª premiada do II concurso de cociña: a mellor tortilla doce do Peñón 2018; Ricardo Facal Castiñeira: Concelleiro municipal responsable da área de Cultura, entre outras; Tamara Salvadores Villanueva: Animadora Cultural municipal; Mari Carmen Toja Martínez: 2ª premiada do II concurso de cociña: a mellor tortilla doce do Peñón 2018; Rosa Facal Castiñeira, membro do xurado e Manuel Gonzalo Vidal Santos, membro tamén do xurado.

Comentarios