Mércores. 13.11.2019
El tiempo

A Escola de Música de Serantes pechou o curso cunha homenaxe a Jacinto Paredes

Jacinto Paredes recibiu un detalle da Escola de Musica de Serantes
Jacinto Paredes recibiu un detalle da Escola de Musica de Serantes
A Escola de Música de Serantes pechou o curso cunha homenaxe a Jacinto Paredes

Moito mérito ten a Asociación de Veciños de Serantes, mantendo viva toda unha escola de Música. Este pasado sábado 29 de xuño, o local dos veciños da parroquia laxeira, acollía unha nova Clausura dos cursos da escola de música para [email protected] e adultos (solfeo, piano e acordeón).

As alumnas e alumnos amosaron o aprendido ó longo do curso co mestre de Laxe Antonio Castro e contaron tamén coas actuacións especiais do ex alumno Sindo Dourado e de Jacinto Paredes, anterior mestre e fundador da escola de música que recibiu ademais unha placa de homenaxe por todos estes anos en Serantes.

Ao rematar, alumnado e profesorado disfrutaron duns petiscos e unha amena charla.

Peche de curso da Escola de Musica de Serantes LaxeNova fornada da escolad e musica de Serantes

Comentarios