Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un espectáculo musical para toda a familia polas Letras Galegas en Laxe

Cartel cantares das letras 2021 LAXE
Un espectáculo musical para toda a familia polas Letras Galegas en Laxe

Un espectáculo familiar, “Cantares das Letras”, á proposta do departmento de Cultural do Concello de Laxe para celebrar este 17 de maio Día das Letras Galegas na horna de Xela Arias, dende o Concello de Laxe. A obra será unha viaxe combinando música e teatro nos conducirá ata as orixes do Día das Letras Galegas, facéndonos un percorrido histórico nun ton desenfadado e divertido segundo asegura o artista, Luis Vallecillo.

O espectáculo, protagonizado Luis Vallecillo, "Papabuis", non só nos falará da vida e obra da figura literaria conmemorada este ano, Xela Arias, senón que tamén nos levará a realizar un percorrido pola Historia das Letras Galegas, lembrando a autores e autoras ás que se lle adicaron en anos anteriores e reflexionando ó redor da razón pola pola que cada ano, polo que cada 17 de maio, festexamos esta data.

Comentarios