Venres. 29.03.2024
El tiempo

Estudantes de Turismo da UDC aprenden da xestión laxense

Estudantes de Turismo da UDC aprenden da xestión laxense
Estudantes de Turismo da UDC no Faro de Laxe Estudantes de Turismo da UDC no Faro de Laxe

O alumnado de cuarto curso da Escola Universitaria de Turismo da Coruña - CENP visitou onte, xoves 10 de decembro, o Concello de Laxe como parte do plan formativo universitario da asignatura “Xestión Pública do Turismo” integrada nos estudos conducentes ao Grao en Turismo.

Baixo solicitude da propia Escola Universitaria de Turismo da Coruña - CENP, o xoves 10 de decembro o Concello de Laxe recibiu ao alumnado de último curso que nos pediu colaboración para coñecer de primeira man o modelo de xestión turística integrado na Administración Municipal.

A xornada comezou pola mañá cunha visita a varios puntos turísticos destacados do Concello: o Espazo Natural de Traba, que lles permitiu coñecer con detalle o modelo de turismo ornitolóxico, a zona portuaria en relación a potencialidade de explotación turística do ambiente mariño, o faro de Laxe como contextualización da nosa situación coma punto estratéxico dentro do xeodestino Costa da Morte, o casco histórico como modelo de rehabilitación integral "ARI-Z3", e o Museo do Mar.

Xa pola tarde, ás 16.30, o salón de sesións da casa consistorial acolliu unha charla coloquio na que participaron a Concelleira de Turismo, Loli Toja Suárez, e a Técnica de Turismo, María José Mato, e na que se abordaron, entre outros temas, a análise do marco institucional, xurídico e financiero dos Municipios Turísticos, os principios, evolución e tendencias da xestión de pequenos destinos turísticos, as distintas propostas de xestión turística local, e a perspectiva profesional do Graduado en Turismo en calidade de planificador de destinos dende a Administración Local.

Grupo de estudantes de Turismo da UDC no miradoiro de aves de Traba

Desde a Concelleiría de Turismo laxense abren a porta á colaboración continua en materia turística, como proxecto sistémico que permita apostar por unha planificación turística integral ante a que consideran que a educación, a formación e a difusión son alicerces estruturais fundamentais.

Fonte

  • Concello de Laxe.

Comentarios