Venres. 29.03.2024
El tiempo

A exposición “Nós somos elas”, coas imaxes de Vidal, convirte ao Paseo Marítimo de Laxe como espazo expositivo

A exposicion Nos somos elas en Laxe
A exposición "Nós somos elas" xa loce no Paseo Marítimo de Laxe
A exposición “Nós somos elas”, coas imaxes de Vidal, convirte ao Paseo Marítimo de Laxe como espazo expositivo

Xa pasou pola Coruña, por Malpica e mesmo polo IES de Baio. Pero agora volve a casa, a Laxe, de onde saíron eses 24 retratos de mulleres que forman parte da historia de Laxe.

Falamos da exposición “Nós somos elas”, unha proposta de concienciación de igualdade da Deputación e a asociación Alexandre Bóveda coas fotos de José Vidal García, acompañadas pola poesía dunha vintena de autoras. Unha exposición que ademais convirte por primeira vez o paseo marítimo laxense en espazo expositivo aproveitando o legado do Arquivo Fotográfico Vidal.

Pódese ver no paseo marítimo de Laxe ata o 31 de agosto de 2021.

Novas relacionadas

Comentarios