Venres. 29.03.2024
El tiempo

Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia

Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia
https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155945516147177/

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo achegouse esta mañá a Malpica para visitar as instalacións do parque eólico de Malpica, recentemente repotenciado. O presidente aseverou que este proxecto conxuga un triplo compromiso: “co ambiente, cunha redución do número de aeroxeradores, que pasan de 69 a 7; coa industria das renovables, xa que este é o segundo parque que se repotencia en Galicia, reducíndose a infraestrutura pero non a potencia nin a eficiencia enerxética; e cos concellos de Malpica e Ponteceso, xa que, ademais dun investimento de 22 millóns de euros durante a súa execución, fixa industria e emprego”.

Feijoo aproveitou para defender a nova Lei de implantación empresarial, moi criticada e mesmo calificada por moitos colectivos de todo o país e da propia Costa da Morte como Lei de Depredación de Galicia. “Estamos convencidos de que esta lei abre un novo escenario para o sector e que vai supoñer un un antes e un despois para todos aqueles que queiran investir en Galicia, no sector das renovables pero tamén noutros sectores puxantes da nosa economía”, asegurou.

O presidente destacou que xa 18 parques eólicos foron declarados proxectos de especial interese e 12 xa están autorizados, a pesar das fortes críticas de diferentes colectivos, como nos cercanos proxectos de Cabana e Laxe.

Renovables

A realidade é que Galicia é toda unha potencia en materia renovable. Chegou a ser a 6ª potencia mundial, pero hoxe confórmase co 2º posto a nivel de Castilla y León. En todo caso, as renovables achegan case o 90% da electricidade que consumen os galegos; e, ademais de supoñer o 4,3% do PIB, esta industria xera na Comunidade máis de 32.000 empregos directos e indirectos.

Artigos eólicos

Novas eólicas

Fonte

Comentarios