Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Igrexa de Santa María da Atalaya xa é BIC tras 3 anos de trámites

IGLESIA DE LAXE.FOTO DE MIGUEL MUÑIZ
Igrexa de Laxe-Foto-Miguel Muñiz
A Igrexa de Santa María da Atalaya xa é BIC tras 3 anos de trámites
O Diario Oficial de Galicia publicou onte a declaración definitiva da igrexa de Santa María da Atalaia de Lax como Ben de Interese Cultural (BIC). Un proceso que arrincaba en decembro de 2017 (aínda que a Xunta asegure que axilizou os prazos e que o fixo en menos dun ano) e que culminaba onte con esta nova catalogación que permitirá protexer unha das xoias do gótico mariñeiro na Costa da Morte.

O expediente BIC está avalado por un informe previo da Real Academia Galega de Belas Artes e outro do Consello da Cultura Galega, que destaca “a relación que o inmoble mantén co mar e a paisaxe mariñeira, formando con eles un conxunto harmónico, e a súa tripla función: defensiva, civil e relixiosa, que cumpriu ao longo da súa historia”.

Resaltan ademais o retablo pétreo da Resurrección que, pola súa calidade, temática e singularidade é un exemplo sobranceiro do arte sacro en Galicia. Quedan tamén catalogados este e outros 44 elementos existentes na igrexa, entre os que destaca a Virxe da Atalaia, unha escultura datada entre o século XV e XVI.

Novas relacionadas

Comentarios