Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laxe adícalle a fin de semana á minería do caolín

Laxe adícalle a fin de semana á minería do caolín
No marco do programa de desestacionalización do turismo reLAXEse - organizado pola concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe - esta fin de semana terá lugar unha mesa redonda que leva por título "A mina de caolín de Laxe, un recurso turístico". Na cita, que é mañá ás 18:00 horas no museo do Mar, participarán o alcalde de Laxe, José Manuel Mouzo, e o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Pose ademais de Jorge Fernández Suárez, do Instituto Xeolóxico eMineiro de España; Juan Ramón Vidal Romaní, director do Instituto Universitario de Xeoloxía lsidro Parga Pondal; e Juan José López, director de Caolines de Vimianzo. Duranta a mesa redonda, proxectarase un documental sobre a mina de caolín de Laxe, gravado polo IGME fai uns anos. A actividade está aberta o tódolos públicos e a entrada é de balde. Por outra prate, o sábado ás 10.00 horas realizarase unha excursión en autobús ós vestixios da mina de caolín de Laxe e ó proceso produtivo de Caolines de Vimianzo. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata mañá ás 12.00 na web municipal ou no teléfono 981 706 903. A actividade é gratuita.

Máis novas laxeiras

Fonte

 

Comentarios