Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Laxe aproveitou a Festur para promocionar, e confirmar un bo orzamento para o Naufraxio

Laxe aproveitou a Festur para promocionar, e confirmar un bo orzamento para o Naufraxio
Stand do Naufraxio de Laxe na Festur Stand do Naufraxio de Laxe na Festur Xa vimos como foi a presentación da Romaría de Santo Hadrián de Malpica na Festur. E hoxe tócalles facer balance aos representantes do Concello de Laxe, que se achegaron á Feira de Festas de Interese Turístico “Festur” a pasada fin de semana para amosar o seu famoso “Naufraxio”, unha festa declarada con esta catalogación en 2013, que se volverá celebrar este 17 de agosto de 2018. A Concellería de Turismo de Laxe apostou por estar presente cun stand propio, e o Alcalde e o Concelleiro de Laxe asistiron ó acto inaugural, momento que serviu para presentar oficialmente o spot publicitario do Naufraxio co que se fará a promoción da festa este ano 2018. Alcalde e concelleiro de Laxe na FESTUR 2018 Alcalde e concelleiro de Laxe na FESTUR 2018

Outras xestións

Así mesmo, a Concellería de Turismo de Laxe solicitou unha subvención de 3.000 euros ante a Axencia Turismo de Galicia, con fins de promoción e difusión turística para a celebración da 56ª edición do Naufraxio que se conmemora este ano 2018. Tamén se firmou un protocolo de colaboración de 1.500 euros con ABANCA Corporación Bancaria. Este orzamento, xa confirmado, permitira a colaboración por segundo ano consecutivo coa Confraría de Pescadores de Laxe na organización da Festa. A subvención irá destinada a contratar unha banda de gaitas para a procesión do 17 de agosto, e a cubrir os gastos de cartelería e promoción en prensa escrita, redes sociais e radio. A inversión completarase co deseño e instalación de bandeiras publicitarias que se colocarán a finais de xullo ó longo do paseo marítimo. A festa contará coa Cruz Vermella de Laxe, á Confraría de Pescadores de Laxe, e á familia Rei de Nande.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-romaria-de-santo-hadrian-celebra-o-10o-aniversario-da-sua-declaracion-coma-festa-de-interese-turistico-de-galicia/ https://quepasanacosta.gal/laxe-viviu-o-seu-milagreiro-naufraxio/ https://quepasanacosta.gal/o-naufraxio-de-laxe-xa-e-a-9%C2%AA-festa-de-interese-turistico-da-costa-da-morte/

Comentarios