Venres. 19.04.2024
El tiempo

Laxe busca a mellor tortilla doce

Laxe busca a mellor tortilla doce
Xa está en marcha o "II concurso de cociña: A mellor tortilla doce do Peñón" co que o Concello de Laxe pretende promocionar e dar a coñecer un plato de cociña típico da nosa vila como é a tortilla doce que, as familias de Laxe, preparan deste tempos que xa non se recordan sobre todo para o Día da Festa do Peñón que cada ano se celebra o luns seguinte ó Luns de Pentecostés. O prazo de preinscrición está aberto dende xa mesmo e así o fará ata o vindeiro venres 18 de maio, prazo no que, todas as persoas interesadas en participar neste concurso, deberán inscribirse para poder facer entrega das súas tortillas ó xurado constituído ó efecto o vindeiro luns 21 de maio no que este ano se celebrará a Festa do Peñón na Braña de Soesto de Laxe. Para anotarse, débese contactar co Departamento de Cultura, ben telefonicamente ou presencialmente nas oficinas da Casa do Concello.

Novas relacionadas

Comentarios