Venres. 19.04.2024
El tiempo

Laxe busca artesáns para a Mostra de Artesanía

Laxe busca artesáns para a Mostra de Artesanía
Mostra de Artesania e Magosto de Laxe 2012

Este sábado 17 de novembro Laxe celebra a II Mostra de Artesanía Local aderezada polo Magosto 2012. Ambas desenvolveranse a partir das 17.30 horas no patio cuberto situado xusto enfronte da Casa do Concello (Patio de parvulitos).

Es artesán?

De cara a súa posta en marcha, sobre todo no relativo á Mostra de artesanía, dende o Concello queren que nesta segunda edición, se implicaran un maior número de persoas para expoñer os seus traballos e darse coñecer ou incluso para pór os seus produtos á venda. Por este motivo están a facer un chamamento a todas aquelas persoas adicadas á artesanía, ás manualidades ou comercios locais que traballen con produtos artesáns, que poidan estar interesadas en colocar un posto durante a celebración do magosto deste ano.

No caso de estalo, deberán poñerse en contacto co Departamento de Cultura do Concello de Laxe, telefonicamente (981 70 69 71) ou vía email a [email protected], antes do venres 16 de novembro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios