Martes. 16.07.2019
El tiempo

Laxe celebra cunha presentación a posta en valor do Arquivo Vidal

Laxe celebra cunha presentación a posta en valor do Arquivo Vidal

Este venres 10 de maio, o Museo do Mar acolle, ás 20:00h, unha cita importante no proxecto de posta en valor do Arquivo Vidal. Terá lugar a presentación do Fondo Fotográfico José María Vidal Eiroa, o último representante da saga dos fotógrafos Vidal de Laxe, dos que xa temos recuperado a súa historia.

A proposta que fan para festexar publicamente esta adquisición, consiste na exposición dixital dalgunhas das fotos máis singulares. Así, as persoas que asistan poderán coñecer de primeira man cal é o proceso que seguen para tratar o Fondo.

Este extraordinario e inxente arquivo recolle a historia fotográfica dos anos 60, 70 e 80 do século pasado tanto de Laxe coma dos concellos veciños das comarcas de Soneira e Bergantiños. Atopábase no baixo da vivenda familiar do fotógrafo, e foi doado ó concello polo matrimonio que comprou a casa. Á semellanza do seu pai, podemos contemplar fotografías de panorámicas, evolución urbana de vilas e aldeas, eventos sociais, vodas, bautizos e comuñóns, o fútbol, o lecer, festas e procesións, oficios,

O Concello atópase na fase de tratamento, dixitalización e valoración polo que, se ben estiman que pode haber entre 30.000 e 40.000 unidades fotográficas (teñen rexistradas xa 11.000), aínda non poden facer unha valoración exacta do legado.

Coa adquisición deste Arquivo, o Museo do Mar de Laxe amplía un abraiante fondo fotográfico que previsiblemente superará as 100.000 fotografías de época, o que constitúe o maior patrimonio fotográfico e documental de Galicia.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios