Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laxe concéntrase polas trabas burocráticas sobre a instalación e mantemento das terrazas

Laxe concéntrase polas trabas burocráticas sobre a instalación e mantemento das terrazas
O vindeiro venres, ás 12 horas, terá lugar diante da casa consistorial de Laxe un concentración en sinal de protesta polas trabas burocráticas que, ao parecer, impón a consellería de Infraestructuras e Vivenda sobre a instalación e mantemento de terrazas na zona de dominio da estrada AC-420, ao seu paso pola vila. Ao parecer chegaron avisos de multas de ata 25.000€. Por medio desta concentración o concello de Laxe quere manifestar publicamente o seu apoio á hostalaría local, ante a instalación e funcionamento de terrazas e outras instalacións complementarias que serven de apoio ós establecementos hostaleiros. Dende o goberno municipal, defenden que as terrazas supoñen un importante complemento para a hostalaría local. Fonte  

Comentarios