Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laxe conmemora o día da muller traballadora con varias actividades

Laxe conmemora o día da muller traballadora con varias actividades
Con motivo do día internacional da Muller Traballadora, que se conmemora o vindeiro 8 de marzo, o concello de Laxe programou unha serie de actividades a desenvolver durante os próximos días. O primeiro deles será este sábado, ás 19 horas, cunha sesión dobre de teatro no salón de actos municipal. Primeiro actuarán as integrantes da escola de avoas de Laxe que representarán "2ª oportunidade" e, a continuación, actuará Alentía Teatro para interpretar "Nos carreiros da emoción". Tamén actuarán as pandereteiras Andora. O mércores, día 8, haberá unha charla no local social Valle Inclán sobre a "A violencia de xénero". Comeza ás 18 horas. Ese mesmo día, pola mañá, a escola de avoas de Laxe actuará para o alumnado do CPI Cabo da Area. E xa o domingo día 12 ás 10 horas haberá unha marcha que baixo o título "Quérete, coidate" percorrerá a vila. Haberá avituallamento e para participar é necesario anotarse no concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios