Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Laxe continúa profesionalizando o sector turístico cun showcooking

Laxe continúa profesionalizando o sector turístico cun showcooking
O sábado 3 de febreiro ás 11.00 horas, o Museo do Mar de Laxe acolle un taller de cociña titulado "Cociña e Innovación" co que a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, a través do programa Reláxese 2018, pretende promover a innovación na cociña e ofrecer novas experiencias culinarias. A expectación é máxima porque a demostración en vivo estará dirixida polo prestixioso cociñeiro Iván Domínguez, chef do restaurante Alborada (A Coruña), con especial conexión ó noso Concello de Laxe. A actividade é de balde para o público, e está dirixida tanto ó sector hostaleiro, coma a tódalas persoas interesadas en coñecer as últimas técnicas e innovacións de cociña.

Novas relacionadas

Comentarios