Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laxe despide maio co festival de teatro "Teatrapa" e co VI roteiro

Laxe despide maio co festival de teatro "Teatrapa" e co VI roteiro
festival-teatro-teatrapa-laxe O concelleiro de Cultura, Ricardo Facal, e o director da Escola Municipal de Teatro, Afonso García, presentaron onte o cartel do festival Laxe prepárase para unha nova fin de semana repleta de actividades para todos os gustos. O concelleiro de Cultura - Ricardo Facal Castiñeira -; a animadora cultural - Tamara Salvadores Villanueva - e o director da Escola Municipal de Teatro - Afonso García Penas - presentaron onte o cartel do XI festival de teatro escolar de Laxe "Teatrapa" que se celebrará o sábado e o domingo (26 e 27 de maio). A programación arrinca o sábado, ás 12:00 horas, na casa da Cultura de Laxe onde os integrantes da Escola Municipal de Teatro, o Obradoiro de Teatro de Palas de Rei, a Aula de Teatro do CPI de Touro, a Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, "Avelaíñas Teatro" e a Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas representarán o espectáculo "Un planeta literario máxico". Xa pola tarde, ás 17:00 horas terá lugar un roteiro teatral, musical e poético que partirá da igrexa Santa María da Atalaia e discorrerá polo mirador da Ínsua, a praia dos cristais, as pedras do canal e rematará na pedra dos namorados e na furna da espuma. No roteiro participará a veciñanza de Laxe, o alumnado da Escola Municipal de Teatro e os membros do coro "Afonic" do IES Antón Fraguas Fraguas. Este Festival supón o último encontro do alumnado das cinco aulas de teatro neste curso 2017-18 e propicia que o alumnado destes grupos amose o traballo que se desenvolveu ao longo de oito meses nas cinco localidades; ademais de posibilitar a integración de persoas con diferentes capacidades, de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente nun obxectivo común: a posta en escena dunha obra teatral . Insírese tamén dentro dunha xira de funcións que comezou o día 4 de marzo, no Teatro Principal de Compostela; continuou o día 15 de marzo, en Ourense, no Teatro Principal; o 19 de marzo, no CPI Cabo da Area, de Laxe (Dentro da semana cultural deste centro); o 29 de abril, no Teatro Principal da Estrada; o 15 de maio, en Corella; o 17 de maio, en Limay (Francia). E xa o domingo, o grupo Folerpas Teatro - da escola municipal de Laxe - estreará o seu espectáculo "Tamparrantán". A obra, que comeza ás 19:00 horas, está dirixida ao público infantil e familiar. Fonte  

Comentarios