Martes. 16.04.2024
El tiempo

Laxe e Vimianzo entregan os Premios do certame de fotografía dos Penedos

Laxe e Vimianzo entregan os Premios do certame de fotografía dos Penedos
A Dama un dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Victor Santos A Dama, un dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Victor Santos O vindeiro sábado día 8 de decembro, ás 20.00 horas, no Museo do Mar de Laxe, terá lugar a entrega de premios do 1º Concurso de Fotografía “moitomáisquepedras” organizado conxuntamente polos Concellos de Vimianzo e Laxe. O acto estará amenizado polo dúo Ameixeiras&Caamaño. A fotografía que reciba o primeiro premio será presentada como póster turístico da paisaxe protexida. Unha entrega que chega no marco do programa conxunto que os dous concellos veñen de lanzar nos últimos meses e que conseguiu que, 10 anos despois de se declarara O parque xeolóxico dos Penedos de Pasarela e Traba coma “Paisaxe Protexida”, a Xunta dese o primeiro paso para desenvolver o Plan de Conservación. https://quepasanacosta.gal/10-anos-despois-a-xunta-comezara-a-traballar-no-plan-de-conservacion-dos-penedos/

O programa reivincidativo e de posta en valor dos concellos  organizou unha ruta de sendeirismo, que serveu para deixar marcado un trazado a pe, nunha ruta lineal aberta entre o lugar da Costa (parroquia de Traba, Concello de Laxe) e o lugar de Pasarela (parroquia de Calo, Concello de Vimianzo).

Ó mesmo tempo, convocouse o 1º Concurso de Fotografía #moitomáisquepedras. Un Concurso pensando para achegar a ollada fotográfica a divulgación dun escenario onírico, creado pola acumulación de formas pétreas, tanto zoomorfas coma antropomorfas. Concurso que se pechea este sábado no Museo do Mar coa entrega de premios.

CONCERTO DO DÚO AMEIXEIRAS&CAAMAÑO

Amenizará o acto o dúo Ameixeiras&Caamaño, cun concerto íntimo -de balde para o público asistente- co que gozar do folk da violinista Antía Ameixeiras e da pianista e acordeonista Sabela Caamaño.

PRESENTACIÓN DO PÓSTER TURÍSTICO DOS PENEDOS

A imaxe que reciba o primeiro premio, ademáis da dotación económica de 500€, será presentada como póster turístico dos Penedos de Pasarela e Traba e pasará a ser distribuída dende os servizos turísticos dos concellos de Laxe e Vimianzo.

Colaborou na súa impresión a Deputación Provincial da Coruña, con 5.000 exemplares, que se empezarán a distribuír o vindeiro sábado no Museo do Mar.

REFLEXIÓNS E PRÓXIMAS ACTIVIDADES

O Alcalde de Vimianzo e o Concelleiro de Turismo de Laxe, darán a coñecer os detalles daúltima reunión mantida en Santiago de Compostela o pasado 23 de novembro coa directora Xeral de patrimonio natural, Belén Campo. Expoñerán os acordos comprometidos dende a Xunta de Galicia para elaborar o plan de protección da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba durante o vindeiro ano 2019.

 
TALLER DE ELABORACIÓN DE XABÓNS COSMÉTICOS ARTESANAIS

A actividade comezará con unha explicación teórica, adaptada a persoas sen coñecementos previos.  A continuación, farase unha parte demostrativa, durante a cal a monitora explicará o proceso e elaborará a pasta base, que será repartida entre as persoas asistentes, para que personalicen o seu propio xabón empregando plantas ou extractos das mesmas.

Cada participante recibirá un dossier de elaboración, para que poidan reproducir a actividade por conta propia e profundizar máis se así o desexan.

A actividade é de balde, e está dirixida a persoas maiores de 16 anos. Ofértanse 30 prazas, a cubrir por orde de chegada.

Comentarios