Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laxe fanfurriña de Naufraxio polo Día Mundial do Turismo

Laxe fanfurriña de Naufraxio polo Día Mundial do Turismo
Laxe celebra o Dia Mundial do Turismo

Semella que a posta polo sector turístico do Concello de Laxe é clara e patente. Este ano ata vai celebrar o Día Mundial do Turismo, este vindeiro 27 de setembro. E vaino celerar dando a coñecer un vídeo inédito sobre o Naufraxio de Laxe, gravado o pasado 17 de agosto. Un vídeo que conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, Abanca e o propio Concello.

Será máis que interesante ver ese vídeo, pois ademais de imaxes de alto impacto visual, tamén haberá entrevista co fundador do Naufraxio aló polo 1962, Avelino Lema Santos, e outras imaxes inéditas con vistas aéreas. Un xeito de cubrir o déficit en materia dixital sobre a esta Festa de Interese Turístico Galego (apenas existe un interesantísimo documental feito por Mandeo Records) e resaltar a historia de Avelino como fío condutor desta histórica representación.

Renovación da Caseta de Información Turística

Cambio dos vinilos da Oficina de Turismo de Laxe 2

Facíalle falta á Caseta de Turgalicia en Laxe unha renovación. E xa podemos ver os novos vinilos cubrindo as fachadas da mesma cubertos con fermosas imaxes do solpor sobre o mar dende Punta Insua, dos surfistas en Soesto, da zona de Traba, da praia dos Cristais e do propio Naufraxio. Historia viva de Laxe en imaxes.

Aberto o sendeiro aos Penedos de Traba e Pasarela

Así mesmo, traballadores municipais veñen de facer tarefas de debroce na zona da Torre da Moa para facilitar o accesto á ruta de sendeirismo que transcorre polos Penedos de Traba e Pasarela.

Datos turísticos

Ademais, fai balance o Concello de Laxe dos datos extraidos da Punto de Información Municipal situado este verán no Museo do Mar, dándolle así ademais unha gran vida a este espazo museístico e histórico. Destacan varios puntos:

  • O 62,31% dos visitantes era a primeira vez que estaba en Laxe.
  • O 82% eran nacionais, sendo os madrileños (20%) os máis numerosos mesmo por diante dos da provincia da Coruña (16%). Vascos e leoneses tamén están entre os destacados. Entre os estranxeiros, destacan franceses, alemáns e británicos.
  • O 41% dos turistas só pasaron unhas horas por Laxe. O 10% pasou un día enteiro e o 11% unha semana.
  • O motivo principal das visitas é as vacacións (41%), sendo tamén moi habitual pasar por Laxe facendo unha ruta pola Costa da Morte.

Que piden os turistas nun punto de información?

Un dato interesante colleitado:

  • O 25% das consultas dos visitantes que pasaron polo punto de información preguntou polas actividades para facer e cousas que ver.
  • O 22% preguntou sobre outros lugares da comarca.
  • O 19% preguntou por rutas de sendeirismo.
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios