Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe gosta de Beber do País

Laxe gosta de Beber do País
cartel mostra do viño galego

Xa temos cartel da primeira Mostra do Viño Galego “Beber do país”, que se celebrará no Museo do Mar de Laxe o sábado 24 de marzo. Unha Mostra que chega o marco do Marzo enolóxico englobado no “inverno gastronómico e enolóxico” do Programa de desestacionalización turística Reláxese.

Laxe confírmase así cunha potencia en materia vinícola, cun mes completo adicado ao tesouro líquido máis prezado do país. Xa van dúas fins de semanas de catas, e esta fin de semana non vai ser menso.

O ciclo de catas continúa ese venres 16 de marzo ás 19.00 horas, e sábado 17 ás 12.00 horas, catas de viño no Museo do Mar de Laxe da man das D.O. Ribeira Sacra e D.O. Monterrei, respectivamente. O venres, levaranos de viaxe pola Ribeira Sacra Fernando de Santiago, enólogo de Bodegas Finca Míllara. E o sábado, ás 12.00, servirá para dar a coñecer a Denominación de Orixe Monterrei, representada neste caso polas Bodegas Avante Selecta.

As catas celebraranse no Museo do Mar e non se require inscrición previa para asistir. As prazas son limitadas, ata completar aforo.

Actividades con M de Muller

Mentres, seguen as actividades do mes de marzo “Con M de Muller” baixo o epígrafe de #Cóidate, Quérete. Esta fin de semana toca:

  • Zumba na rúa: o sábado 17 ás 5 da tarde, na Praza de Ramón Juega ou no patio cuberto de parvulitos (Praza dos Voluntarios).
  • Marcha saudable: o domingo 18, con saída ás 11 horas de diante da Casa do Concello e cuxo itinerario percorrerá diferentes rúas e pistas do Concello de Laxe.
  • Obradoiro de defensa persoal: o domingo 18, de 5 a 8 da tarde, no Pavillón Polideportivo municipal. O obradoiro está destinado a mulleres a partir dos 12 anos. Para poder participar neste obradoiro, foi imprescindible inscribirse previamente no concello e durante a mañá do venres, aínda é posible facelo. O obradoiro, será impartido por Nelson Moreno Cuta, mestre con formación específica neste ámbito.

Novas relacionadas

Comentarios