Martes. 19.03.2024
El tiempo

Laxe pon o mandil contra as violencias

Laxe en Negro contras as violencias
Laxe en Negro contras as violencias tamén na hostalería
Laxe pon o mandil contra as violencias

O Concello de Laxe tamén está adherido á campaña En Negro contra as Violencias de cara ao #25N. Fomentan "a desaparición de calquera impunidade da que disfruten os perpetradores e tamén á desaparición do silencio, da estigmatización e da vergoña que sofren as vítimas.

E para iso van realizar diferentes accións, como a iluminación en cor violeta da fachada da Casa do Concello, 

Ademais, o luns 25 de novembro ás 11.30 horas na Praza dos Voluntarios está prevista unha xuntanza para a que pedimos a asistencia de toda a veciñanza. Tamén está convocado o alumnado dos centros escolares de Laxe; o de Educación Secundaria leerá un manifesto e o de Educación Infantil cantará unha canción especificamente composta para este Día. No caso de que chova o acto trasladarase ao Polideportivo Municipal. O mesmo día, á mesma hora.

Presentación do libro dos Bolechas

O libro dos Bolechas “En Laxe Somos Iguais”. Está enfocado á educar e normalizar entre os menores no relativo ás diferencias existentes entre as persoas, os sentimentos, as mostras de afecto e os gustos. O seu lema é “As persoas somos distintas, pero tamén somos iguais. As persoas somos iguais porque temos os mesmos dereitos”. Todo o alumnado que asiste á xuntanza recibirá un exemplar do libro.

Reparto de mandís e carteis polos comercios e Hostalería

Estes días previos ao 25 N a Concelleira de Servizos Sociais, Emprego e Igualdade, Sandra Mouzo Pose, fixo o reparto de mandís e carteis en contra da violencia de xénero polos comercios e negocios de hostalería de Laxe.

Comentarios