Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe potencia o Rosario da Boa Morte cun concurso de carteis

Laxe potencia o Rosario da Boa Morte cun concurso de carteis
Imaxe do Rosario da Boa Morte de Laxe nos anos 90 Imaxe do Rosario da Boa Morte de Laxe nos anos 90-Imaxe-TVG Xa están publicadas na páxina web oficial do Concello de Laxe ás bases para participar no I Concurso de Carteis "Rosario da Boa Morte", convocado pola Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe. O obxectivo do mesmo é favorecer a expresión artística dos participantes e ó mesmo tempo promover a difusión do "Rosario da Boa Morte", que é o acto máis tradicional e concurrido da vila de Laxe durante as celebracións de Semana Santa. Os deseños -máximo 3 por persoa- achegaranse á Concellería de Turismo, ata o 28 de febreiro, en formato impreso e tamaño A3. Xunto a eles a folla de participación, tamén dispoñible dende a web municipal www.concellodelaxe.com. O traballo premiado imprimirase e será empregado para facer a difusión turística do Rosario da Boa Morte para este ano 2018. O Concurso, integrado no programa de actividades reLAXEse 2018, ten unha dotación económica de 200 €.  

Novas relacionadas

Comentarios