Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Laxe prepara un Nadal con actividades culturais

cartel xeral nadal 2019 laxe portada
Laxe prepara un Nadal con actividades culturais

A programación de Nadal de Laxe deste ano ven cargada sobre todo de diferentes citas culturais para esta época:

  • Sábado 14 de decembro. XVI Festival de panxoliñas. 

19:30 horas na Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe. Participan as corais de Outes, A Coruña e Laxe.

  • Xoves 19 de decembro. Papá Noel visita o CPI Cabo da Area e as Escolas Unitarias da Torre e Traba de Laxe.
  • Venres 20 de decembro. Belén en Vivo.

19:30 horas na Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe. Participan as Escolas Municipais de Teatro e Música de Laxe.

  • Domingo 22 de decembro. Teatro "As mil e unha noites"

19:30 horas no Salón de Actos Culturais de Laxe. Coa compañía de teatro Ghazafelhos.

  • Sábado 28 de decembro. Maxia: "Le cirque".

19:30 horas no Salón de Actos Culturais de Laxe. Co mago Cayetano Lledó.

  • Domingo 5 de xaneiro. Cabalgata e festa infantil.

De 17:30 a 19:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal de Laxe. Haberá hinchables, obradoiros, animación musical, chocolate, rosca de Reis...

cartel xeral nadal 2019

Comentarios