Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Laxe prepárase para unha nova fin de semana cargado de actividades

Laxe prepárase para unha nova fin de semana cargado de actividades
Laxe é estes días un fervedoiro de xente entre os que se atopan turistas que veñen desfrutar das súas vacacións á vila mariñeira como xente da zona. Esta fin de semana volverán a ser varias as actividades de ocio programadas polo concello de Laxe a través da concellería de Cultura. O xoves, a praza Ramón Juega acollerá ás 20:00 o espectáculo "Fábula Galénica" representado pola compañía teatral Fantoches Baj.Trátase dun espectáculo para público familiar, no que títeres de luva, interpretan dentro dunha radio antiga unha divertida historia de absoluta actualidade que bebe dos contos populares. Xa o venres será o turno das andainas e da observación do ceo co "IV roteiro “Lúa Chea” que arranca ás 21:30 horas da praza dos Voluntarios. E xa o sábado será o Certame de Canción Mariñeira de Laxe, que xa vai pola XVII edición. A cita é a partir das 20:00h na praza Ramón Juerga. Fonte

Comentarios