Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe reivindica o día da Muller con deporte, faladoiros, concurso e teatro

Laxe reivindica o día da Muller con deporte, faladoiros, concurso e teatro
laxe marzo mes da muller Laxe é outra das vilas que se suma á celebración do día da Muller. Ainda que o día propio é o 8 de marzo, o concello laxense ten programadas varias actividades que se levarán a cabo entre as dúas próximas fins de semana. As actividades comezan o vindeiro sábado, 5 de marzo, ás 18 horas na praza Ramón Juega. Alí terá lugar unha sesión de "zumba" impartida por mulleres na que poderá participar todo o público que o desexe. Xa o domingo, 6 de marzo, o salón de actos municipla acollerá un faladoiro - tamén para todos os públicos maiores de 8 anos - baixo o título "E ti, que queres ser de maior?". A cita comeza ás 18 horas. O domingo 13 de marzo, continúan as actividades que reivindican a figura da muller coa obra de teatro "Universos de Cores". Será ás 18 horas no salón de actos municipal. Será alí tamén onde se entreguen os premios do concurso plástico "A muller da miña vida". Con este programa, o concello de Laxe persegue varios obxectivos entre os que se atopan: aportar información constructiva sobre o por que da celebración do día 8 de marzo como día da muller traballadora; promover o coidado e a autoestima no colectivo feminino e noutros públicos como o é o masculino e en todas as franxas de idade; contribuír á autoreflexión dos máis pequenos e pequenas do fogar na revalorización e posta en valor das mulleres que teñen máis próximas; dar a coñecer a historia e os puntos de vista de diferentes mulleres traballadoras da vila; convidar á reflexión colectiva sobre a situación e o papel actual da muller na sociedade co fin de respostar á pregunta de se hoxe en día ten sentido seguir celebrando este día. Cambio de datas Ademais do de Laxe, son varios os concellos da Costa da Morte os que reivindicarán o día da Muller durante os próximos días. Varios deles coinciden cunha actividade de contacontos, "Contando en feminino" a longo destes días. Un dos que sufriu unha variación nas súas datas foi o de Corcubión, que traslada o evento para o 19 de marzo ás 12 horas.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios