Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Laxe remodela a Praza Rúa do Cantón

Praza Rua do Canton de Laxe
Praza Rua do Canton de Laxe
Laxe remodela a Praza Rúa do Cantón

Remodelación completa a que vivirá a praza rúa do Cantón de Laxe, co financiamento do Plan Único da Deputación. Os 47.469 euros que aporta o ente provincial servirán para habilitar unha zona peonil na fronte norte e e unha zona de circulación rodada pola fronte sur, enlazando coa rúa Cantón e a rúa Vista Alegre. Ademais, tamén se habilitará unha franxa de aparcadoiros fronte ao mercado municipal, con prazas para discapacitados e vao laboral para os vehículos de abastecemento.

Deste xeito solvéntanse certos problemas actuais, como as deficiencias nos materiais ou as suficientes prazas de aparcadoiro para facer fronte ás demandas dos residentes da zona e aos usuarios e usuarias do mercado municipal, situado neste espazo.

O proxecto está actualmente en proceso de licitación por parte do Concello de Laxe e as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 24 de novembro. O prazo de execución das obras é de 1 mes aproximadamente.

comentarios