Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laxe une maxias e letras para ilusionar o Nadal

cartel xeral nadal laxe 2020 1024
Laxe une maxias e letras para ilusionar o Nadal

Hoxe, cunha visita adaptada aos tempos que corren, dos Reis Magos do Oriente arrinca o programa de Nadal do Cocello de Laxe. Acodirán aos CPI Cabo da Area de Laxe e ás Escolas Unitarias de Torrexallóns e Traba por videoconferencia.

O programa conta este sábado cunha actuación maxia co Mago Teto que se desenvolverá no salón de actos culturais municipal a partir das 19.00 horas. O espectáculo “As nosas letras” será do agrado de toda a familia. A entrada é de balde pero o aforo, por protocolo COVID estará limitado a 30 persoas.

O programa continúa o 21 coa visita de Papa Noel, tamén dixital, e o 21 e 22 haberá unhas Xornadas Deportivas no campo de gútbol. O sábado teremos máis deporte, coa Carreira Solidaria, e pola tarde, un espectáculo de títerese.

Remata o programa xa en xaneiro, con deporte, música e teatro.

Comentarios