Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Laxe vólcase no San Valentín cun certame de Dedicatorias de amor

Laxe vólcase no San Valentín cun certame de Dedicatorias de amor

O amor pode ser de parella, de amizade, a familiares… E o amor cómpre coidalo, continuamente, todos os días. Pero un día si que pode ser especial, e para iso está o San Valentín. O 14 de febreiro é un día ideal para dicir “quérote”, pero… “Dillo ben bonito”.

Ese é o lema do Departamento de Cultura do Concello de Laxe para o certame creativo. Unha proposta que nace coa intención de promover entre a poboación, a composición de textos breves, que destaquen pola súa fermosora, de textos con corazón, de textos con sentimento.

Xa podedes enviar a [email protected], ou ao 610 95 20 17, esas mensaxes nas que compartades o voso corazón a través das palabras, con ou sen rima, con ou sen métrica, con ou sen estrofa...

O lun faráns públicas as bases que rexerán esta "competición" de textos breves de amor, a modo de dedicatoria que fundamentalmente se desenvolverá a través da páxina de Facebook Biblioteca Laxe.

comentarios