Sábado. 24.08.2019
El tiempo

Gardería Laxe

O acondicionamento da antiga escola unitaria, ubicada na Avda.Cesáreo Pondal, realizarase nos vindeiros meses para prestar unha atención de apoio aos pais, titores ou guardadores dos nenos de entre 3 meses e 3 anos cando concorran situacións ou circunstancias que lles impidan o seu coidado.

Edificio da Antiga Escola Unitaria de Laxe
Edificio da Antiga Escola Unitaria de Laxe

No Concello de Laxe, ata hoxe, non existe una escola infantil pública que atenda a demanda de prazas existente. De a necesidade de levar adiante solucións. Esta semana o Concello de Laxe presenta o que será o Punto de atención á infancia (PAI), ubicado na antiga escola infantil unitaria da Avda. Cesáreo Pondal, pois vén de rematar o proceso de contratación para que nos vindeiros días comecen as obras de acondicionamento do edificio, nun proxecto que contou cun orzamento de 52.048,39 euros.

Un proxecto que xa o BNG presentara como proposta no PAS de 2015. 

Este tipo de puntos ofrecen unha atención asistencial en concellos que por baixa poboación infantil ou outras circunstancias económico-sociais, necesitan prazas para a atención do colectivo de nenos entre 0 e 3 anos pero non precisan crear escolas infantís 0-3.

Agora contratarase a compra do mobiliario do PAI. O proxecto tentou agrupar os usos de xeito que a ordenación xeral do edificio resulte o máis clara posible; e a zona de estancia dos nenos a máis confortable desde o punto de vista da iluminación das pezas.

Organízase o edificio nunha única peza. A actual peza en forma aglutina os usos máis internos do funcionamento do centro para o persoal e accesos ao mesmo (recepción, despacho e aseo persoal) nun segundo espazo xérase a aula polivalente, zona de preparación de alimentos, zona de gateo, zona de descanso e baño de nenos.

Comentarios