Venres. 19.04.2024
El tiempo

Lola Schutz gaña a XXX edición do Premio Torrente Ballester en español coa súa primeira novela

Lola Schutz gaña a XXX edición do Premio Torrente Ballester en español coa súa primeira novela
Lola Schutz-Dlores Torrano-Premio Torrente Ballester Lola Schutz, ou Dolores Torrano, vén de gañar o Premio Torrente Ballester da Deputación

Dolores Torrano é natural de Murcia pero é costeira de adopción. De feito, na Costa coñécémola moito máis por Lola Schutz, e así a recoñecen en Laxe, onde reside e no IES Maximino Romero de Lema, onde é mestra. Ademais da súa continúa loita medioambiental, Lole é escritora, e xa ten recollido premios como o Premio Camilo José Cela.

Hoxe está de noraboa porque o xurado do XXX edición do Premio Torrente Ballester en español da Deputación da Coruña acaba de escoller a súa novela "La Argentina que Dios quiere" como gañadora desta edición. Unha novelamque supón un “soplo de aire fresco, unha novela brillante, de ambición literaria e extraordinaria orixinalidade”, segundo o propio xurado, composto polos escritores Manuel Jabois, Luis Sepúlveda e Isaac Rosa as e as escritoras Fátima Martín e Ana Lema.
UN xurado que quedou absolutamente sorprendido pois crían que a persoa que escribira a obra tiña que ter orixe arxentina polo coñecemento da realidade do país americano.

A costeira amosábase moi contenta porque falamos dun dos premios máis veteranos e prestixiosos da literatura española. De feito, a gañadora leva 25.000€ e a publicación da obra, a súa primeira novela. En todo caso, ten colaborado con artigos, recensións, poemas e traducións en fanzines, blogs e revistas dixitais como Vulva Estelar, El coloquio de los perros, Mujeres Reseñando e Pikara Magazine, sempre baixo o seudónimo de Lola Schutz.
Participou tamén na "Antología de poesía erótica" do Instituto Iberoamericano de Estudios Atlánticos e gañou o premio de narrativa Camilo José Cela, do Concello de Padrón, polo relato "Las ubres de la noche" e está traballando na compilación dunhas traducións do cantante francés Dominique A.

A novela narra a conexión España-Arxentina, “de grande ambición literaria e extraordinaria orixinalidade e, á vez, embebida na tradición recente da literatura latinoamericana". Segundo o xurado, a obra "recorda o estilo cortazariano. Áxil e de grandes personaxes e supón unha excepcional conexión España-Arxentina, ambientando maxistralmente a realidade de ambos os países”.

Artigos relacionados

https://quepasanacosta.gal/unha-autopia-para-a-costa-da-morte-reflexions-en-torno-a-unha-autovia-pantasma/

Comentarios