Martes. 07.04.2020
El tiempo

Mar de Fábula chama á veciñanza para limpar os microplásticos que invanden a praia de Traba

Pellets de plástico que invanden as praias de Laxe e Camariñas
Pellets de plástico que invanden as praias de Laxe e Camariñas
Mar de Fábula chama á veciñanza para limpar os microplásticos que invanden a praia de Traba

Falamos a final de ano da invasión de varios areais da comarca por pequenos plásticos identificados por varios especialistas como pellets de resina. Millerios de pellets, que serven de materia prima para a fabricación de todo tipo de obxecto plástico por parte das industrias, que xa levan semanas contaminando, alomenos, praias de Laxe e Camariñas.

Estes microplásticos (esféricos inferiores a 5mm de diámetro) son considerados os principais compoñentes do lixo mariño en toda a costa atlántica europea, tendo en conta ademais que estes, pola súa cor clara e tamaño semellan ovos de peixe, e atraen as aves e fauna mariña.

De feito, Fidra, ONG escocesa, centrada dende hai anos no monitoreo deste contaminante mariño, calcula que cada ano pérdense en UK até 1.054 tons (53 billóns de pellets) en verteduras que polos drenaxes, ríos ou directamente, entran no mar.

No noso litoral, un dos areais máis afectados por esta invasión é a praia de Traba, concello de Laxe. De aí que Mar de Fábula, despois de limpar a semana pasada 3 coídos en Camariñas, faga un chamamento a todos os voluntarios que queiran participar no monitoreo deste contaminante, doadamente recoñecible, mesturado cos argazos, todo ao longo das liñas de marea.

Data e lugar

A cita será este domingo 19 de xaneiro, ás 11:00 horas, sendo o lugar de encontro a Área de descanso, extremo norte da praia.

Invitan a traer tarros de cristal, tipo mermelada, para a recollida. Ao remate da acción ambiental haberá un debate sobre este perigoso contaminante e as vías polas que chegan ás nosas praias.

Novas relacionadas

Máis novas

comentarios