Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Marea de obras en marcha por Laxe

Marea de obras en marcha por Laxe
Proxecto de recuperacion da escola unitaria de laxe Proxecto de recuperacion da escola unitaria de Laxe como gardería Tempo de obras o que vive o Concello de Laxe, que está rematando o proceso de contratación de varias obras necesarias. Unhas obras que acadan un importe total de 436.434,62 €. Neste momento xa está iniciada as obras: - Ampliación dunha instalación deportiva para dotación de sala de ximnasio, o que permitiría aumentar os servizos que se prestan aos usuarios dende o Departamento de Deportes. - Mellora da pista de acceso ao cemiterio municipal de Laxe. Actualmente, a pista de acceso ao cemiterio, desde o Mirador da Insua, ten un firme de 3,5 metros, sendo compartido tanto polo tráfico rodado en ambas direccións como polos peóns. - Ampliación e mellora dos aparcamentos dos cemiterios de S. Simón de Nande e S. Mamede de Sarces, habilitando en ambos casos unha zona destinada á eliminación de barreiras arquitectónicas en espazos públicos, co acondicionamento de aparcamentos reservados a persoas con diversidade funcional e necesidades especiais - Mellora da rede de saneamento das augas pluviais na vila de Laxe, o que suporía unha mellora na rede de saneamento municipal tratando de solventar os problemas ocasionados polos frecuentes desbordamentos da rede en época de choivas, canalizando un sistema separativo as augas pluviais, ata a embocadura do tramo existente de pluviais na rúa Rosalía de Castro, xa no tramo final da rede. - Mellora de seguridade viaria en camiños municipais: Laxe, Serantes, Traba e Nande, con actuacións en distintas vías de titularidade municipal, tanto na vila de Laxe como nos núcleos rurais de distintas parroquias. Na meirande parte dos casos trátase de actuacións puntuais de bacheo nas zonas máis afectadas (cruces, trazado de cuneta, tramos con máis pendente, etc) que son as que normalmente se atopan en peores condicións, así como limpeza e perfilado de taludes e cunetas. - Acondicionamento da escola unitaria para creación dun punto de atención á infancia (gardería de 0 a 3 anos), cuxo obxectivo fundamental é responder as necesidades tanto sociais como educativas dos/as nenos/as e da súa familia e á necesidade de conciliación da vida familiar e laboral de moitas familias do concello. - Mellora de camiños municipais 2017-2018, que consistirá en actuacións de mantemento nas infraestruturas viarias rurais de titularidade municipal, entre núcleos rurais de distintas parroquias. Neste caso serían actuacións nun viario de Lourido á Camposa e noutro dende Cruz do Furco ao Lugar de Cuíña. A pretensión do concello é poder obter todos os permisos para poder iniciar as obras á maior brevidade posible.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Laxe.

Comentarios