Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Noite de incendios na lonxa de Laxe e nunha vivenda de Carantoña

Noite de incendios na lonxa de Laxe e nunha vivenda de Carantoña
A intervención rápida de Protección Civil de Laxe foi clave para sofocar o incendio na Lonxa A intervención rápida de Protección Civil de Laxe foi clave para sofocar o incendio na Lonxa

A máquina do xeo da lonxa de Laxe provocaba un pequeno incendio a pasada noite, arredor das 21:00h. Interviron con rapidez 3 voluntarios de Protección Civil, o que permitou que cando chegasen os membros do GES de Muros o lume xa estivese sofocado. Así, non houbo problema para volver ao traballo este mércores na lonxa laxense.

O incenio provocouse na máquina do xeo da lonxa O incenio provocouse na máquina do xeo da lonxa

Incendio en Carantoña

Ata Carantoña se desprazaban na mañá de onte luns (arredor das 12:00h) os Bombeiros de Cee para sofocar un incendio unha vivenda. Foi a propia persoa que habita o inmoble quen avisou dende fóra que a súa casa estaba ardendo. El e os veciños se puxeron a traballar e conseguían extinguir o lume desde unha fiestra, dunha cociña que se viu completamente afectada polas lapas e o fume.

Os bombeiros só tiveron que comprobar que todo estivese extinguido e non quedasen puntos quentes coa cámara térmica, deixando a vivenda ventilada.

Fonte

Comentarios