Venres. 19.04.2024
El tiempo

Nova concentración: O CPI Cabo da Area non pode garantir o cumprimento o Protocolo do covid

Concentracion por aulas seguras
Unha das pancartas que están usando as concentracións neste comezo de curso por Aulas Seguras
Nova concentración: O CPI Cabo da Area non pode garantir o cumprimento o Protocolo do covid

Tralas concentracións ao longo da país, tamén en Carballo e Cee, por unhas #AulasSeguras, comezan as protestas localizadas. Este venres, ás 19:00h na Praza dos Voluntarios, serán as familias de Laxe, do CPI Cabo da Area, os que se unan na concentración convocada por toda a comunidade educativa.

Equipo directivo, Claustro, Consello Escolar e ANPA, todos asinan un escrito enviado a INspección Educativa da Xunta, deixando claro que “o CPI Cabo da Area, a día de hoxe, non pode garantir o cumprimento das medidas recollidas no Protocolo de adaptación ao contexto covid”.

O escrito explica que os problemas continúan aumentando por diversos motivos:

  • Número insuficiente de prazas de Auxiliar Técnico Educativo (hai unha, dedicada a tempo completo a unha alumna, e outro recén pero necesitan dúas máis) para atender ao alumnado con necesidades especiais, de xeito que e imposible manter as chamadas “aulas burbulla”. De feito, as aulas de 4ºA e 4ºB teñen que romper a súa burbulla

     

  • Falta de persoal docente. Pediron dous en secundaria para un desdoble dunha aula de 26 nen@s que non foi aceptado.
  • Número insuficiente de persoal de limpeza (o mesmo que o ano pasado).

Por todas estas razóns, dende ANPA fan un chamamento ás famiias para se unan á concentración en forma de protesta para que manden medios ao colexio para poder garantir o cumprimento das medidas recollidas no protocolo de adaptación ó contexto da COVID-19.

Novas relacionadas

Comentarios