Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Cayetano volve ser o portagonista do Entroido de Laxe

O Cayetano volve ser o portagonista do Entroido de Laxe
Entroido Laxe 2016

Doble cita a laxense co Entroido en Laxe. O sábado 6 haberá desfile e actuación das comparsas, para as que ata o venres 5 ás 12:00h está aberto o prazo de inscrición. Debido á previsión meteorolóxica, o emprazamento do palco de actuacións para as comparsas e para o grupo Tren da Unha Show de Laxe, terá lugar no patio cuberto situado ao carón da Praza dos Voluntarios (enfronte da Casa do Concello). A partir das 18 horas haberá reparto de filloas e chocolate entre todos os entroidos.

O Cayetano

Pero a nós a que máis nos presta é A historia de Cayetano. A cita de despedida do entroido será o venres 12, coa procesión e queima da nosa personaxe de Entroido: O Cayetano.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Fotos por cortesía do departamento de turismo do Concello de Laxe.

Comentarios