Martes. 19.03.2024
El tiempo

O libro fotográfico de Vidal desborda ilusión

O libro fotográfico de Vidal desborda ilusión
Presentacion do libro de Jose Vidal en Laxe Ateigado o Museo do Mar de Laxe para a presentación do libro de Jose Vidal Xan Fernandez Carrera presentando o libro de Jose Vidal Xan Fernandez Carrera presentando o libro de Jose Vidal

Día especial o pasado venres en Laxe. Era o día da presentación do esperado libro de José Vidal, “o fotógrafo da xente”, como o define Xan Fernández Carrera, un dos grandes culpables desta realidade, xunto ao concelleiro de Turismo Xosé Manuel Lema Pose, empeñado en sacar esta obra coa axuda da Deputación.

O acto de presentación superou todas as espectativas. O revivido Museo do Mar de Laxe encheuse ata os topes para vivir momentos de verdadeira emoción, onde moitos dos asistentes ata recoñeceron algún que outro familiar.

30 anos despois do seu pasamento, Laxe quixo adicarlle este 2018 á recuperación do seu Arquivo fotográfico, composto por máis de 67.000 unidades fotográficas. Entre elas tivo que mergullarse (sendo ademais un arquivo por ordear aínda), o bo de Fernández Carrera para exoller as 500 que conforman este histórico libro, que recolle, como toda a súa obra, un legado histórico infinito de máis de 50 anos de realidade costeira e galega.

”Penso que a obra de Vidal vai ser unha sorpresa para moitos dos que se acheguen a ela e dará moito que falar”, explica Carrera, tremendamente satisfeito e orgulloso co resultado do libro “co que se pretendía facerlle unha merecida homenaxe a este gran fotógrafo laxés, que nos legou unha extensa e valiosa obra”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/jose-vidal-o-fotografo-da-xente-xa-ten-o-seu-libro/ https://quepasanacosta.gal/2018-o-ano-da-recuperacion-do-arquivo-fotografico-vidal/ https://quepasanacosta.gal/nova-axuda-provincial-para-potenciar-o-museo-do-mar-de-laxe/

Comentarios