Domingo. 22.09.2019
El tiempo

O PP de Laxe critica a falta de efectivos da Policía Local durante o verán

O PP de Laxe critica a falta de efectivos da Policía Local durante o verán
O portavoz do grupo municipal do PP de Laxe, José Luís Pérez Añón, vén de criticar ao goberno local pola falta de efectivos da Policía Local nos meses de verán, coincidindo coa tempada de máis afluencia de turistas ao municipio. Desde o grupo popular acusan o goberno local de “falta de previsión”, tendo en conta que, segundo explicaron, na actualidade están en activo un dos dous axentes da Policía Local, debido a que o outro leva semanas de baixa no servizo. Neste sentido, o portavoz do PP de Laxe subliñou que, ante esta carencia, o executivo local “debería pedir reforzos á Garda Civil”, tendo en conta que, ao seu xuízo, un só policía local non pode atender á demanda que xera un municipio como o de Laxe en pleno verán. Para os populares a ausencia de efectivos da Policía Local tradúcese “nunha sensación de inseguridade no municipio, ao que hai que engadir as dificultades para ordenar o tráfico ou para, simplemente, atender calquera demanda dos veciños e das persoas que estas semanas veranean en Laxe", sinala nun comunicado. Fonte

Comentarios