Martes. 16.04.2024
El tiempo

Once establecementos de Laxe organizan a II ruta de pinchos do outono

Once establecementos de Laxe organizan a II ruta de pinchos do outono
Un total de once establecementos hostaleiros de Laxe participan a vindeira fin de semana (18 e 19 de novembro) na II Ruta de Pinchos do Outono. Cada local elaborará un pincho co que optará ao 1º, 2º e 3º galardón do xurado profesional formado por Óscar Souto Ures, xerente-cociñeiro do restaurante A Cunca (Buño) e Marisol Martínez Mato, cociñeira do restaurante Mar de Ardora (Cabana de Bergantiños). Tamén haberá un galardón especial ao mellor pincho que outorgará o público. O prezo do pincho será de 1,5 €, e permitirá participar no SORTEO de varios agasallos. Entre eles, tres vales de compra no comercio e hostalería locais, por importe de 100, 75 e 25 euros. Para participar nestes sorteos é necesario cubrir seis selos distintos entre os locais participantes na ruta, e depositar as tarxetas cubertas nos buzóns dispoñibles en calquera dos 11 establecementos. O sorteo de agasallos para o público e a entrega de galardóns ós negocios celebrarase o domingo 19 ás 20  horas no pavillón municipal, no marco da celebración do tradicional magosto popular. Para acompañar a ruta de pinchos circulará o tren turístico durante as mañáns. Haberá animación musical a cargo da banda de Gaitas Maruxía, pandereteiras Pandora e Batukada Trikitrakes. Locais participantes Mar de Fondo, O Bocho, cervecería de Laxe, Áncora, O Recodo de Antía, Zurich, O Escaravello, A Diario, O Reino de Loki, O Ben Me Sabe e Villa de Laxe son os establementos que participan nesta II Ruta de Pinchos do Outono. A ruta celebrarase o sábado - día 18 - de 12 a 15 horas e de 20 a 23 horas e o domingo - día 19 - de 12 a 15 horas.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios