Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os alumn@s cooperantes de Carballo e Laxe

Os alumn@s cooperantes de Carballo e Laxe
Alumnas do IES Isidro Parga Pondal de Carballo no proxecto O mundo que queremos de 2015 Alumnas do IES Isidro Parga Pondal de Carballo no proxecto O mundo que queremos de 2015

Que importante é abrir a mente e ser consciente do mundo en que vivimos. O proxecto “O Mundo que Queremos” pretende precisamente achegar a realidade dos países do Sur a máis de 500 alumnos de 6 centros de Galicia. Entre eles, o IES Isidro Parga Pondal de Carballo e o CEIP Cabo da Área de Laxe.

Esta semana comezaba a 4ª edición deste proxecto que lanzan a ONGs Solidaridade Internacional de Galicia, a Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@s (Agareso), Educo, Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), 100Tolas e Tempo de Loaira, coa idea de “potenciar a educación en valores, combater os prexuízos e contribuír a educar cidadáns máis críticos e propositivos”.

Este proxecto divídese en varias estacións, con paradas moi diferentes, pero deseñadas para que ao final do curso o alumnado teña unha visión máis completa, tanto dos contidos que aborda a cooperación internacional como das ferramentas que teñen na súa man para contribuír á loita contra a desigualdade. E non nos cabe dúbida que os alumnos participantes sairán cambiados deste proxecto e nos gustaría mirar ao futuro e velos viaxando polo cono sur do planeta, descubrindo a crúa realidade do noso mundo.

Como se desenvolve o proxecto?

alumnas-do-ies-isidro-parga-pondal-de-carballo-no-proxecto-o-mundo-que-queremos-de-2015

Durante a primeira estación do proxecto, da man da ONG Educo realizarán Dinámicas como os xogos de rol ou o xogo de cadeiras facilitarán ao alumnado o debate e a reflexión sobre temas como a pobreza, o desenvolvemento sostible, a corresponsabilidade… conceptos complexos, pero que a través de accións lúdicas son máis sinxelos de incorporar para o alumnado. Esta primeira estación para o día 20 nos IES Parga Pondal de Carballo, onde xa se desenvolveu o ano pasado, como vemos nas imaxes.

Xa en xaneiro, será Agareso a que realice obradoiros de radio e fotografía. Na terceira parada no mes de marzo, a través da metodoloxía do Teatro Foro, unha das técnicas do Teatro d@s Oprimid@s, as compañeiras do colectivo 100Tolas convidarán o alumnado a coñecer a Ana e a súa viaxe.
A última parada será no mes de abril coa visita de dúas mulleres de República Dominicana, que a través das súas experiencias vitais e a súa colaboración con proxectos de cooperación realizados no país caribeño pola ONG Asemblea de Cooperación pola Paz contaránlle ao alumnado como loitan contra a desigualdade desde as súas comunidades e intentarán desmontar moitos dos prexuízos que existen sobre os países empobrecidos.

A traca final será a presentación de todo o traballo feito durante o ano nos diferentes concellos dos centros educativos no mes de xuño. Estas presentacións teñen o obxectivo de amplificar as mensaxes elaborados polo alumnado e convidar ao resto da comunidade educativa a coñecelas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Agareso.

Comentarios