Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os equipos de Protección Civil da Costa da Morte renovan o súa frota

Os equipos de Protección Civil da Costa da Morte renovan o súa frota
Membros de Protección Civil de Carballo recibiron un novo remolque Membros de Protección Civil de Carballo recibiron un novo remolque Representantes dos concellos de Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso achegáronse onte ata o complexo administrativo de San Caetaneo co fin de rebicir cadanseu coche todo terreo destinado ás súas agrupacións de Protección Civil. Neste mesmo acto de entrega, que corriu da man do vicepresidente da Xunta - Alfonso Rueda -e do delegado da Xunta na Coruña - Diego Calvo -tamén se entegraron os remolques destinados ás emerxecias aos representantes de varios concellos da provincia coruñesa entre os que estaba o de Carballo. Estes remolques contan contan con electro bombas somerxibles, motobombas para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserras, rozadoras de 3 CV, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización. Eduardo Parga recibe as chaves do todo terreo para o equipo de Proteccion Civil Eduardo Parga recibe as chaves do todo terreo para o equipo de Proteccion Civil Reforzo Este equipamento forma parte dun plan de mellora dos medios materiais que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións nas emerxencias. Nos últimos meses estase levando a cabo unha distribución de material extraordinaria, que permite aos voluntarios de Protección Civil dispoñer maior cantidade de medios. Así, en total cunha inversión de preto de 4,5 millóns de euros o goberno galego entregou a 166 concellos da nosa comunidade un total de 64 todoterreos pick up, 51 remolques de Emerxencias, 41 furgóns de transporte e loxística, 18 embarcacións pneumáticas, 33 esparexedores de sal e 20 carpas presurizadas con remolque. Dentro deste plan xa entraron outros municipios da zona, como o de Santa Comba, que estrou fai uns meses un novo vehículo de Protección Civil.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios