Martes. 12.11.2019
El tiempo

Pinchos, blues e letras para unha fin de semana en Laxe

Pinchos, blues e letras para unha fin de semana en Laxe
Presentacion da Ruta dos Pinchos con X de Laxe con X de Peixe Presentación da Ruta dos Pinchos con X de Laxe con X de Peixe Esta fin de semana corren os pinchos por Laxe. No marco da Primavera do programa Reláxese, e servindo de segunda acción da campaña “Con X de Peixe, con X de Laxe, dez establecimentos únense á I Ruta dos Pinchos. O pasado mércores realizan a súa presentación, e para presentación a dos pinchos que teñen xa saíndo do forno os restautantes participantes: A Casa do Arco, Áncora Taberna, Zúrich, O Recodo de Antía, Mar de Laxe, O Escaravello, Villa de Laxe, O Ben me Sabe, O Reino de Loki e O Bocho. Todos levan, por suposto, ou xurelo, ou xarda, ou abadexo, ou xouba, ou xuliana ou coruxo, os peixes que dan nome a esta campaña. Así, por 1,5€ teremos pinchos de verdadeira calidade, o sábado de 12:00 a 15:00h e de 20:00h a 23:00h e o domingo de 12:00 a 15:00h, intentando ser un foco de atracción para visitantes de toda a comarca. Bolinas de pataca e xoubas da Casa do Arco copia Bolinas de pataca e xoubas da Casa do Arco copia Empanada de millo con xarda do Reino de Loky Empanada de millo con xarda do Reino de Loky Fajita de Xarda do Mar de Laxe Fajita de Xarda do Mar de Laxe Mar e terra do Zurich Mar e terra do Zurich medallon de xarda do Villa de Laxe Medallón de xarda do Villa de Laxe Xarda afogada con allada do Recodo de Antia Xarda afogada con allada do Recodo de Antia Xarda escabechada sobre hummus de amendoa do Ancora Xarda escabechada sobre hummus de amendoa do Ancora Tarta de Xoubas do Ben me sabe Tarta de Xoubas do Ben me sabe Salpicon de xarda do Bocho Salpicon de xarda do Bocho

Noite de Blues

Ademais, a actividade laxeira compleméntase coa volta do jazz a Laxe. Desta volta, este venres 18 de maio, toca blues rock no Museo do Mar ás 21:30, coa chegada de Bueno Chico.

Letras Galegas

Laxe celebra as Letras Galegas cunha ampla programación: A biblioteca municipal Antón Zapata tamén se une á celebración e a partir do día 18 expoñerá as últimas novidades bibliográficas en galego. As actividades continúan o sábado, 19 de maio, co espectáculo “Pan con chocolate” que terá lugar no salón de actos municipal a partir das 19:00 horas. A protagonista desta actividade será Mª Victoria Morena, autora homenaxeada no Letras Galegas deste ano. Xa o luns, 21 de maio, a Braña de Soesto acollerá o día do Peñón co II concurso de cociña “A mellor tortilla doce” e coa actuación do grupo Birimbao Folk.

Novas relacionadas

Comentarios