Luns. 25.01.2021
El tiempo

Rebelión na macrogranxa (de Señoráns)

Obras na granxa de Señoráns
Obras na granxa de Señoráns
Rebelión na macrogranxa (de Señoráns)
A veciñanza do Aprazadoiro xa non sabe como denuncialo, polo que deciden facelo cantando. Por iso veñen de preparar esta regueifa, (que busca música e [email protected], reivindicando o lugar de Señoráns.
 
 

Rebelión na macrogranxa
Un berro por Señoráns 
(regueifa sobre a melodía tradicional 
“Aparta, Loureiro Verde”)


Unha macrogranxa
Quérennos chantar,
Na aldea do Salto
Onde o río Gundar!

Onde o río Grande,
Onde o río Gundar,
A xente non ten
Quen queira escoitar!

Mirade con esta granxa
Quérennos envelenar
Pois cos puríns e os seus xurros
Imos beber e lavar.

Pois nin Augas de Galiza
Nin cos do Medio Rural,
A veciñanza non ten
Quen lle queira escoitar!

Unha macrogranxa
Quérennos chantar,
Na aldea do Salto
Onde o río Gundar!

Onde o río Grande,
Onde o río Gundar,
A xente non ten
Quen queira escoitar!

Entre Vimianzo e Laxe
No lugar de Señoráns
A desfeita é importante
Onde o río Gundar!

Pobres becerras e xatos
Que van exterminar
Os nosos ríos e regatos
Non o poden aturar!

Unha macrogranxa
Quérennos chantar,
Na aldea do Salto
Onde o río Gundar!

Onde o río Grande,
Onde o río Gundar,
A xente non ten
Quen queira escoitar

Auga da billa de Laxe
Non debemos luxar
Porque logo xa non vale
De tan clorada e fecal!

A alma, o corpo e o campo,
Vannos a contaminar
Este presidio de vacas
Non podemos aturar!

Unha macrogranxa
Quérennos chantar,
Na aldea do Salto
Onde o río Gundar!

Onde o río Grande,
Onde o río Gundar,
A xente non ten
Quen queira escoitar!

Un berro por Señoráns
Viñemos-vos nós a dar
E porque é a nosa obriga
A veciñanza escoitar!

Un berro por Señoráns
Viñemos-vos nós a dar
Vimos denuncialo en alto
Non nos podemos calar!!!



Novas relacionadas

comentarios