Reláxese: Nove meses, nove actividades turísticas para desestacionalizar o turismo de Laxe
A primeira iniciativa da área do BNG dende que entrou no goberno laxense xa ten forma. Reláxese é o novo programa turístico da Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, coa que se pretende establecer un programa anual de actividades turísticas que contribúan a alcanzar a desestacionalizar o turismo. Así, a iniciativa pretende incrementar a demanda turística non estacional nun 30% no primeiro ano, nun 40% o segundo e nun 50% o terceiro.
Son varios os plans específicos programados para isto, comezando pola Diversificación. Deste xeito, entre o 1 de xaneiro e o 31 de xuño, e entre o 1 de outubro e o 31 de decembro, se programen actividades dirixidas a diversificar o turismo.
A segunda pata é a integración que pasará pola unión do sector turístico, o sector comercial e o sector hostaleiro nunha estratexia de desenvolvemento local conxunta. O promotor, o concelleiro do BNG Xosé Manuel Pose Lema, xa ten redactados, de feito, os que poderían ser os estautos da nova asociación hostaleira, para promover o asociacionismo.
Dando vida ao Museo do Mar
O último punto do plan é a dinamización, e para iso fará do Museo do Mar o centro de operacións.Un Museo que pasa boa parte do ano pechado, e que pasara a ser punto de información turística (para iso tamén nacía en 2011), e punto base para todas as actividades.
Nove meses, nove actividades
Xaneiro será o mes do Turismo Científico, poñendo en valor o propio museo do Mar, así como o antigo Laboratorio Marítimo, o xeólogo Isidro Parga Pondal ou os restos das minas de caolín ou fábricas de salazón.
Febreiro será o do Turismo Gastronómicos, cos atributos máis típicos da zona, ca lonxa e a hostalería variada como punto forte, e destacando os allos e as cebolas cultivadas no interior de Traba.
Marzo será o mes o Enoturismo, dándolle potencialidade á cultural do “chateo”, axudando a profesionalizar o sector, e fomentando a maridaxe.
Abril será o mes do Turismo Cultural, focalizando no poeta Antón Zapata, na Semana Santa ou no Naufraxio.
Maio será o mes do Turismo Ornitolóxico, con Traba como centro de operacións.
Xuño será o do turismo mariñeiro co mar e lonxa, pero tamén cos oficios de redeitas, cesteiros e mariñeros como protagonistas.
Outubro será o mes do Turismo Arqueolóxico, co Castro de Castelo e os Penedos de Traba e Pasarela como centros.
Novembro será o mes do Ecoturismo, potenciando o sendeirismo e as colleitas de cogumelos, promocionando as rutas PR-G 70 e PR-G 114.
E decemro seráo mes do Turismo Arquitectónico.
Formación
A formación será básica cun Ciclo mensual de cursos dirixidos ao sector hostaleiro, e cicos de charlas profesionais dirixidas á poboación local e visitante.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).